BLOG EN GALEGO DE VIDEOXOGOS CLÁSICOS
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ]
Noticias
Arquivo
Proxectos
Foro
Life Style
DREAMCAST HOMEBREW (I): NEO4ALL/CD
12/11/08 - Creando xogos selfboot con Neo4All/CD e BootDreams.
Retomando a nosa iniciativa de incentivar e facilitar o uso de hardware considerado obsoleto, o SEGAdiy de Novembro toma a forma de taller. Nesta ocasión intentaremos exprimir as posibilidades do emulador de NEO·GEO CD para Dreamcast: NEO4ALL/CD.
O obxetivo é incluir nun mesmo CDR un xogo de NEO·GEO CD, o emulador NEO4ALL é que ademáis se poida arrancar e xogar directamente nunha Dreamcast.

NEO4ALL é un emulador gratuito da serie de emuladores 4ALL, creados polo 'gurú' da escena Dreamcast, Chui. A serie de emuladores 4ALL son todo un referente en canto o software homebrew (caseiro) para Dreamcast, e especialmente NEO4ALL/CD, que ofrece unha emulación digna é auténtica da consola de SNK.
Sin máis historias, que é o que necesitamos?
-NEO4ALL RC3 Os arquivos do emulador.
-BOOTDREAMS 1.06c Potente utilidade para Windows para crear imaxes de CD compatibles e autoarrancables para a consola Dreamcast.
-BIOS DA NEO·GEO CD O arquivo NEOCD.BIN (512KB) e necesario para que NEO4ALL arranque, por temas de copyrights o SEGAdiy non pode distribuir este arquivo, polo que debes búscalo pola túa conta.
-UN XOGO DE NEO·GEO CD Loxicamente necesitamos un xogo para poder disfrutar das bondades deste emulador.
Mans á obra. Logo de instalar BootDreams no Windows da nosa computadora, creamos os seguintes directorios dentro do cartafol (carpeta) do BootDreams: C:/BootDreams/Neo4All e C:/BootDreams/CDDA, seguidamente descomprimimos o NEO4ALL RC3 nun cartafol temporal e buscamos dreamcast/standalone/, dentro estan os arquivos 1st_read.bin, config.cfg e splash.bmp que copiaremos en C:/BootDreams/Neo4All/, copiaremos tamén o arquivo NEOCD.BIN neste directorio.
O seguinte é destripar os arquivos do noso xogo de NEO·GEO CD. Introducimos o xogo no lector da computadora e copiamos tódolos arquivos a C:/BootDreams/Neo4All/, no caso de dispor dun back-up en formato .iso podemos extraer os arquivos cunha utilidade do tipo ISOBUSTER, DAEMON TOOLS ou incluso WinRAR, utilidades todas dispoñibles para Windows.
As pistas de audio deberemos extraelas e copialas a C:/BootDreams/CDDA/, en canto ó formato, poden estar .WAV ou .MP3
Agora toca arrancar o programa BootDreams. Seleccionamos a opción CDRecord (o 4º icono), clickamos en 'BROWSE' e buscamos o cartafol C:/BootDreams/Neo4All/, clickamos en 'EXTRAS' e marcamos 'Add CDDA tracks' e na caixa 'Disc format' eliximos 'Data/Data'.


Con isto a configuración do BootDreams está lista. Clickamos en 'PROCESS'. Quedará engadir as pistas de audio, metemos todas e finalmente clickamos en 'OK'. Agora toca esperar, e se todo vai ben, en breves minutos teremos o noso xogo favorito de NEO·GEO CD listo para funcionar nunha Dreamcast. Así de fácil.
Enlaces de interese:
Web de Chui en DcEmu
Lista de xogos compatibles con NEO4ALL/CD
Texto sobre a NEO·GEO na Wikipedia
Texto sobre a NEO·GEO CD na Wikipedia

Páxina aloxada en: