Desde Xapón chéganos a nova de que Future Driver liberou a versión final do seu PRINGLES GAME para Megadrive. Un xogo cheo de detalles dedicado a esas viciantes patacas frixidas.
Gracias a Chui un dos xogos máis coñecidos da video-consola portatil GP2X: o Lady Killer de RetroWIP, está agora dispoñible tamén para Dreamcast de forma gratuita.
Fuseki Games acaba de liberar o seu primeiro xogo para Dreamcast: PRIMITIVE NIGHTMARE. Unha sorte de viciante e psicotrópica homenaxe ás clásicas máquinas recreativas de mata-marciáns. Moi recomendado, o arquivo .CDI pódese xogar perfectamente no emulador de Dreamcast nullDC, ou tostalo nun CD-R e xogalo no hardware real.
Por fin!! O esperado videoxogo GIANA'S RETURN xa está dispoñible en descarga gratuita para MAC OSX, Dingoo Linux (Dingux), Ubuntu Linux, GP2x, Wiz, Windows e gracias a Indiket tamén o temos para Dreamcast. Estamos ante un videoxogo de plataformas con scroll e máis de 50 fases. Conta ademáis con denominación de orixe, xa que é un remake remozado do clásico GREAT GIANA SISTERS para micro-computadoras Commodore64.