VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]





RELEASES XOGOS ARQUIVO


2008: O ESTADO DA ESCENA NAS CONSOLAS SEGA (I)
25/08/08 Especial Homebrew, pura artesanía tecnolóxica.

A toda plataforma de videoxogos lle chega a súa hora; un salto tecnolóxico, malas ventas, falta de apoio dos usuarios, un mal deseño do hardware, demasiada competencia, pouca rentabilidade no desenrolo de software... os motivos son moitos, pero o resultado é o mesmo: consolas e ordenadores que funcionan perfectamente, é ata o de agora cumplían coa súa función, son almacenados no faiado ou acaban no lixo. E todo porque son aparatos etiquetados co termo (bastante subxetivo por certo) de OBSOLETOS.

Máis é moi certo, que as casas de software e as distribuidoras centran os seus esforzos en sistemas que lles ofrezcan rentabilidade. Como empresas que son, miden o seus proxectos tendo moi en conta os custos de producción e as ventas de software (problema agudizado hoxe en día, no que o custo de producción dun videoxogo 'next-gen' empeza a ser un serio problema para moitas compañias). Tendo en conta isto é moi lóxico relacionar, HARDWARE OBSOLETO = NULA RENTABILIDADE NA VENTA DE SOFTWARE.

Chegados a este punto, a cousa está clara, sen apoio da compañia 'nai' e olvidada polas casas de software e distribuidoras: o sistema está 'morto'. Ou non. Nesta ecuación falta un factor: os usuarios, que son os que deciden finalmente se unha consola ou ordenador deixa de serlle útil e cando aparcalo definitivamente.

E nesas estamos, falaremos da 'scene' e do software caseiro (ou 'homebrew'). A vida despois da morte... comercial :)
Nesta primeira parte da reportaxe centrámonos na consola de SEGA con máis novidades: a Dreamcast.

RESUMO:

- DREAMCAST. TERRITORIO HOMEBREW
- DUX. A ALARGADA SOMBRA DO R-TYPE
- WIND & WATER. BATALLA DE PUZZLES
- TALLER. PROGRAMANDO PARA DREAMCAST




DREAMCAST. TERRITORIO HOMEBREW.

O ano 2008 empezou mal para os fans de Dreamcast, SEGA anunciou en Febreiro o cese na producción de GD-ROMs. Noticia que cerraba a porta a reedicións de xogos e ports de arcades basados na placa NAOMI de SEGA; lanzamentos que (aínda que escasos e con reducida distribución) seguiron dando vida a Dreamcast ata o 2007.

Pero por sorte a producción 'amateur' de soft mantivo o nivel. Comunicándose a través de comunidades en internet, unha vez máis os usuarios e programadores interesados na Dreamcast, seguiron ó seu, lanzando novos ports, novos emuladores, novos MODs para Beats of Rage, novos proxectos 'homebrew' e tamén mellorando a emulación de Dreamcast e Naomi en PC.

Reseñar aquí tódalas novidades do 2008 sería unha tarefa realmente titánica, polo que recomento visitar as seguintes web-comunidades europeas dedicadas a este sistema:

[ http://www.dreamcast.es/ ]
[ http://www.dcemulation.org/ ]
[ http://www.dcevolution.net/ ]

Pero ahí non acaba a cousa, a gran noticia que deixou o verán de 2008 foi inminente lanzamento de dous xogos 'homebrew'de forma comercial, estamos falando dos futuros DUX e WIND & WATER para Dreamcast. Dous proxectos diferentes e ambiciosos que serán distribuidos a través de Internet. Ambos intentarán repetir a boa experiencia e éxito dos Cryptic Allusion que no 2003 lanzaron o que foi o primeiro xogo homebrew comercial para Dreamcast: FEET OF FURY.


DUX. A ALARGADA SOMBRA DO R-TYPE


Título: DUX
Xénero: Shoot'em up
Desenrolo: The DUX Team
Distribue: [ http://www.hucast.net/ ]
Lanzamento: 29/09/2008
Prezo: 20 Euros

O lanzamento da discordia, ideado por René Hellwig do NG:DEVTEAM ([ LAST HOPE ]), DUX é un shooter claramente inspirado no clásico R-type, dotado cuns orixinais e coloridos gráficos a 640x480 de resolución, inclue tamén 6 escenarios e variedade de inimigos a abatir. Por outro lado o DUX Team prométennos que esta vez non se pasarán coa dificultade (como no caso de LAST HOPE) o cal promete unha maior xogabilidade.

Entón, cal é o problema? Na rede DUX está sendo criticado coma un 'invento' para sacarlle os cartos ós sufridos fans de Dreamcast, os motivos para afirmar isto son tan variados como: falta orixinalidade, pouca calidade gráfica, existencia de demasiados shoot'em ups para Dreamcast, etc. Sí e máis non. Non poñamos trabas mentres a obra non estea rematada.

Polo de agora á realidade é que DUX ofrece (previo desenbolso de 20 Euros) acción na Dreamcast en forma dun shoot'em up exclusivo e completamente novo, presentado de forma profesional (en caixa de DVD, portadas e manual) e en formato CD prensado.

Para máis información, o blog de DUX:
[ http://www.blog.hucast.net/ ]


WIND & WATER. BATALLA DE PUZZLES


Título: WIND & WATER PUZZLE BATTLES
Xénero: Puzzle
Desenrolo: Yuan Works
Distribue: [ http://www.redspotgames.com/ ]
Lanzamento: Septembro 2008
Prezo: ??

Non é de extrañar que WIND & WATER (lanzado no 2007) tivera unha gran acollida entre os usuarios da portatil GP2X; Yuan Works currárono de verdade, un adictivo xogo tipo puzzle con variedade de modos e opcións, multixogador, excelente acabado gráfico, top's en internet... incluso che incluían un sprite 'personalizado' co teu careto reservando o xogo.

Agora (por fin!) chega a Dreamcast en formato físico (CD prensado, manual, portada e contraportada en caixa de CD) da man da distribuidora REDSPOTGAMES (uns vellos coñecidos da 'escena' Dreamcast). Por suposto tamén se incluirán novidades con respecto a versión de GP2X, como o uso novedoso da VMU (será un personaxe do xogo), melloras gráficas e na xogabilidade, novos finais, música CD e por suposto tamén existe a posibilidade de encargar o noso sprite 'personalizado'.

Para máis información:
[ http://www.wind-water.net/ ]



TALLER. PROGRAMANDO PARA DREAMCAST

Nesta ocasión o taller estará limitado a enumerar recursos para facilitar a tarefa de programar para Dreamcast.

-KallistiOS. SO para Dreamcast, gracias a él podemos programar de forma libre para Dreamcast.
http://gamedev.allusion.net/softprj/kos/

-SDL. Librerias de programación multiplataforma orientadas ó multimedia.
http://www.libsdl.org/

-ALLEGRO. Librerias orientadas a programación de videoxogos. Proximamente serán portadas a Dreamcast.
http://www.allegro.cc/
http://www.dreamcast.es/news.php?readmore=96

-FENIX. Lenguaxe de programación simplificado para programar videoxogos 2D.
http://chui.dcemu.co.uk/fenix.html
http://forum.divsite.net/


E aínda máis. Guate aquí hay tomate!


-Outros SO en Dreamcast:
http://linuxdc.sourceforge.net/
http://www.netbsd.org/Ports/dreamcast/

-Recopilación de textos (español) en Dreamcast.es
http://www.dreamcast.es/articles.php?cat_id=13

-Recopilación de recursos en DCemulation.org
http://dcemulation.org/phpBB/viewtopic.php?f=29&t=28240&sid=284fc08ef0c9f837672ef0dae8a6b66c

-Páxina web de Marcus Comstedt - Dreamcast Programming
http://mc.pp.se/dc/

-Developer Tools en Boob!
http://www.boob.co.uk/devtools.html






Continua en O ESTADO DAS CONSOLAS SEGA (II)


Creative Commons License


Páxina aloxada en: