VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]





RELEASES XOGOS ARQUIVO


BLACK PANDA + ROAD AVENGER
03/12/09 - Tributo total a MAD MAX.

Mezcolanza anti-natura entre videoxogos, autos tuneados e música crust-punk. Súmalle un pouco de salón de arcade, piche, megacds, manga, gasoil, alcohol, anime, licorcafé, velocidade, hash e laserdiscs. O tributo total á primeira de Mad Max. Mírao no SE9A TV.

Máis Grind-R'n'R de altos octanos no MySpace de Black Panda.






TECHNOPOP LIBERA O ZERO TOLERANCE
25/11/09 - Máis loita armada na Megadrive.

A clásica casa de software TECHNOPOP permite a distribución libre dos seus xogos para Megadrive ZERO TOLERANCE e BEYOND ZERO TOLERANCE (Beta). Para máis información sobre esta serie de "first person shooters" pódese consultar esta review publicada anteriormente: ZERO TOLERANCE: Un FPS na Megadrive.

Os xogos son distribuidos en formato .ROM, listos para ser xogados nun emulador de Megadrive:
ZERO TOLERANCE
BEYOND ZERO TOLERANCE (Beta)






BATTLECITY para Megadrive
14/11/09 - Máis un na Megadrive.

Notición desde a Ukrania!!! o clásico BATTLECITY agora tamén o temos dispoñible para Megadrive e emuladores. Todo gracias a KRIKzz a quen desde aquí agradecemos o seu esforzo por portar este mítico xogo das video-consolas NES e GAMEBOY. Pódese descarregar a ROM lista para xogar ou tamén as fontes SRC + Compiler.






HYPERTENSION - Official Trailer
10/11/09 - Gore Freeware na Dreamcast.

Xa é oficial, HYPERTENSION o futuro xogo dos TDGMods terá conversión para a Dreamcast. Trátase dun First Person Shooter realmente gore baseado no clásico Blood. Será distribuido de forma Freeware. Disfrutade do trailer:






PERDICION: nxDOOM VS. Escena DOOM (Final Release)
01/11/09 - Kalisto/Echelon Style.

Por fin unha "release" para a Dreamcast firmada por SE9A, firmada ademáis en velado homenaxe as "releases" dos grupos Kalisto/Echelon.
Pero tranquilos, non hai nada ilegal nesta descarga. Trátase dunha recopilación de PWADs para xogar co nxDOOM na Dreamcast, so é necesario agregar o arquivo DOOM2.WAD (incluido no xogo DOOM2: HELL ON EARTH de Id Soft.) e seguir as instruccións do link:

PERDICION: nxDOOM VS. Escena DOOM (Release Final)





Novas de SETEMBRO - OUTUBRO










Creative Commons License


Páxina aloxada en: