VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]





RELEASES XOGOS ARQUIVO


PRINGLES GAME PARA MEGADRIVE
07/02/10 - Marchando unha de patacas.

Desde Xapón chéganos a nova de que Future Driver liberou a versión final do seu PRINGLES GAME para Megadrive. Un xogo cheo de detalles dedicado a esas viciantes patacas frixidas.

Descarga a .ROM do PRINGLES GAME desde Future Driver.
Máis informacion en SpritesMind.






LADY KILLER DC
25/01/10 - NSFW! Atención! (+18).

Gracias a Chui un dos xogos máis coñecidos da video-consola portatil GP2X: o Lady Killer de RetroWIP, está agora dispoñible tamén para Dreamcast de forma gratuita.

Descarga o xogo desde dreamcast.es






PRIMITIVE NIGHTMARE
10/01/10 - Back to the primitive!

Fuseki Games acaba de liberar o seu primeiro xogo para Dreamcast: PRIMITIVE NIGHTMARE. Unha sorte de viciante e psicotrópica homenaxe ás clásicas máquinas recreativas de mata-marciáns. Moi recomendado, o arquivo .CDI pódese xogar perfectamente no emulador de Dreamcast nullDC, ou tostalo nun CD-R e xogalo no hardware real.

Descarga o xogo desde Fuseki Games.






GIANA'S RETURN 0.997 RELEASED!
04/01/10 - O retorno das irmás Giana.

Por fin!! O esperado videoxogo GIANA'S RETURN xa está dispoñible en descarga gratuita para MAC OSX, Dingoo Linux (Dingux), Ubuntu Linux, GP2x, Wiz, Windows e gracias a Indiket tamén o temos para Dreamcast. Estamos ante un videoxogo de plataformas con scroll e máis de 50 fases. Conta ademáis con denominación de orixe, xa que é un remake remozado do clásico GREAT GIANA SISTERS para micro-computadoras Commodore64.

Descarga o xogo desde a Web Oficial.
Videa o trailer no: Youtube.





Novas de NOVEMBRO - DECEMBRO








Creative Commons License


Páxina aloxada en: