VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]
RELEASES
XOGOS
ARQUIVO
20 HOMEBREWS PARA DREAMCAST
21/12/08 - Homebrew, Escena e Dreamcast.
Aproveitando o 10º Aniversario do lanzamento do Dreamcast , aquí vai outra das 'famosas' listas top do SEGADIY. Esta vez nada máis e nada menos que 20 homebrews de calidade para a última consola de SEGA: Dreamcast.
Non son tódolos que hai, pero sí tódolos que están, disfrútenos.
Ton
ABU SIMBEL PROFANATION DELUXE - Videoaventura.
O desesperante Jonhy Jones volve arrasando neste remake para Dreamcast. Remake por M.A.Soft e portado por Ron e Indiket.
[ WEBSITE ]
BEATS OF RAGE - Beat'em Up / Motor xogos Beat'em Up.
A opera prima do Senile Team que arrasou internet. Beats of Rage. Inclúe á posibilidade de modificalo e crear o teu propio Beat'em Up.
[ WEBSITE ]
CAMELOT WARRIORS - Plataformas / Aventura.
Remake do dificilísimo Camelot Warriors de Dinamic. Por BUHOnero, Coelophysis e Chui
[ DESCARGA ]
C-DOGS - Acción.
Mitiquísimo e viciante xogo de tiros para MS-DOS. Recuperado na súa versión SDL por Neoblast e Indiket.
[ WEBSITE ]
COUNTER STRIKE DC - First Person Shooter.
O CSDC Team está dando os últimos retoques a este MOD do Half-Life. Agora tamén en Dreamcast.
[ WEBSITE ]
DCASTAWAY - Emulador do Atari ST
Xoga ós grandes clásicos do microcomputador de 16bits de Atari. Estupenda emulación do ST de mans de Ron e Chui.
[ WEBSITE ]
DIVIDEAD - Aventura gráfica.
Tremenda aventura gráfica que mezcla hentai e terror. Traducida e portada por TalesTranslations e Indiket.
[ WEBSITE ]
nxDOOM - Source Port - FPS.
Litros e litros de sangue pixelado na nosa pantalla. Gracias a BlackAura e o seu nxDOOM.
[ DESCARGA ]
GENESISPLUS DC - Emulador de SEGA Megadrive.
Todo o poder e diversión da Megadrive emulada no Dreamcast. Portado e optimizado por GPWT, BLACKAURA e FOX68k.
[ WEBSITE ]
GPSPDC 2 - Emulador de Gameboy Advance.
Por fin os xogos 2D da GBA emulados decentemente. Portado por GPF e optimizado polo programador ruso Alex.
[ WEBSITE ]
MAME4ALL - Emulador de máquinas arcade.
O máis parecido a ter un salón recreativo na túa casa. Por obra e gracia de Chui.
[ WEBSITE ]
NESTERDC SE - Emulador da Nintendo Entertainment System.
Completísimo emulador da clásica consola de Nintendo. Por Scherzo e Takayama Fumihiko.
[ WEBSITE ]
NEO4ALL/CD - Emulador de NEO·GEO CD.
Un dos mellores emuladores para Dreamcast, espectacular. Por Chui e Fox68k.
[ WEBSITE ]
NEVERBALL - Marble Madness en 3D.
O Neverball de Icculus funcionando en Dreamcast. Portado polo amigo de Han-Solo, Chui.
[ DESCARGA ]
SMSPLUS DC - Emulador da SEGA Master System.
Gran emulación da consola máis querida de SEGA. Por Pascal Bosquet e Heliophobe.
[ WEBSITE ]
OPEN TYRIAN - Shoot'em Up.
Un dos mata-marciáns máis míticos do MS-DOS non podía faltar na Dreamcast. Portado por Indiket (iberDC dev team).
[ DESCARGA ]
QUAKE DCEvo - First Person Shooter.
Todo o mellor do Quake de PC neste cd recopilatorio, IMPRESCINDIBLE. Por Titanium Studios e DCevolution.net
[ DESCARGA ]
UAE4ALL - Emulador de AMIGA.
Emulador do monstruo dos 16bit, Amiga500. Gracias a Chui, unha vez máis.
[ WEBSITE ]
uMSX - Emulador de MSX.
Estupendo emulador do estandar xaponés de 8bits. Por Uguru e o grupo Developia.info
[ WEBSITE ]
WOLF4SDL DC - First Person Shooter.
O Wolfenstein3D de volta na Dreamcast. Esta nova versión SDL portada por Fackue.
[ WEBSITE ]
Podes consultar o texto orixinal , iniciado nos foros do web SEGA-BRASIL.COM.BR
CONSULTA TAMÉN:
DREAMCAST HOMEBREW (I): NEO4ALL/CD
20 ANOS DE MEGADRIVE EN 50 PANTALLAS
Páxina aloxada en: