VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]





RELEASES XOGOS ARQUIVO


PANELADA DE YOUTUBE: MEGADRIVE
07/03/09 - O penúltimo recurso blogger.

Pois claro, no mundo das publicacións en Internet existen unha serie de tópicos, como por exemplo as listas de TOPs; ás que xa recurrín no pasado nos textos: 20 HOMEBREWS PARA DREAMCAST e 20 ANOS DE MEGADRIVE EN 50 PANTALLAS. Outro dos típicos recursos máis socorridos por parte dos bloggers son os videos "youtube"; así que como mostra de puro compromiso co medio, a actualización de Marzo do SEGA - D.I.Y. será unha mostra de videos "youtube". Concretamente unha sesión de videos sobre o Megadrive, que espero sirvan para entretervos un rato, e para transportarvos a unha época na que os 16BIT e os gráficos 2D dominaban a Terra. Ós primeiros anos da década dos 90.

Para empezar temos un "video tributo". Unha montaxe de escenas seleccionadas dos xogos máis exclusivos do Megadrive (segundo o autor, claro). A selección dos xogos e pantallas, e as músicas remezcladas que o acompañan, fan de este video un documento gráfico moi recomendable. Ademáis, recordar o título dos case 100 xogos que aparecen será todo un pasatempo, solo apto para os xogadores máis "hardcore".




Prosigamos. Os integrantes da banda de Heavy Metal Megadriver, criáronse no Brazil xogando o Megadrive, pero tamén escoitando grupos como Kreator ou Iron Maiden. Froito desta mistura naceu a banda Megadriver, que versiona sin piedade ningunha os temas principais dos nosos videoxogos favoritos. Os seus videos arrasan Youtube e as súas guitarras tuneadas son a envexa de máis de ún.




Que non decaiga, de seguido un episodio do grande show Angry Nintendo Nerd. James Rolfe, a través do personaxe do Angry Nintendo Nerd, comprometeuse a poñer no seu sitio tódolos videoxogos merdentos que nos quixeron colar cando éramos pequenos e inocentes. Neste video o Sega CD é obxeto de análise por parte do Nintendo Nerd, salvarase da queima?




E para rematar, nada máis e nada menos que a histórica e suicida camapaña de promoción da SEGA no ano 1993, o mítico 'CANAL PIRATA SEGA', de visualización totalmente recomendada. Ó rematar podedes ver o resto de partes, e outros anuncios de SEGA, seguindo os videos relacionados.







CONSULTA TAMÉN:
A HISTORIA DA TEC TOY NO BRAZIL
20º ANIVERSARIO DO MEGADRIVE NO XAPÓN
O ESTADO DA ESCENA NAS MÁQUINAS SEGA (I)







Happy 10th Birthday Dreamcast!




Creative Commons License


Páxina aloxada en: