A vida en Tatooine é dura, pero tí decidiches abrirte paso no mundo das perigosas carreiras de vainas. Remata a carreira o primeiro para quedarte cos cartos, tunea a nave, visita a tenda de Watto, accede ós circuitos máis difíciles e mete o turbo para machacar a Sebulba e a Anakin Skywalker.
Graficamente Episode 1: Racer non está á altura do que se esperaba dun xogo de Lucas para o Dreamcast; naves, personaxes e texturas non destacan nin explotan o potencial da consola. Solo se salvan as escenas pre-render.
A música é fiel á BSO da película, pero salvo un par de excepcións non parecen temas adecuados para ambientar un xogo de carreiras.
Os sonidos FX tampouco convencen, bótase en falta algo de contundencia. Recordades a escena da carreira na película? Era atronadora. No xogo os FX están basados nos da película, pero carecen completamente do mismo protagonismo, ademáis coa música activada os FX quedan completamente eclipsados.
O certo é que este Episode 1: Racer para Dreamcast é unha conversión pouco menos que exacta do xogo de PC, e posúe os seus puntos fortes. Significa isto, que estamos ante un xogo frenético (moi, moi rápido), que produce unha inigualable sensación de velocidade, con moita variedade de escenarios, circuitos realmente sorprendentes, e todo ambientado no universo de Star Wars.
A xogabilidade tamén é boa e a dificultade aumenta de forma progresiva. Dándonos a oportunidade de ir controlando o movemento da nave, e practicar a imprescindible maniobra do turbo.
O modo multiplayer axuda a darlle máis vida ó xogo, aínda que se limita a 2 xogadores a pantalla partida.
En definitiva, estamos ante un bo xogo, pero que non presenta novedades frente ás anteriores versións para PC e N64.
GUILTY GEAR X
PELEAS 2D
1-2 Xogadores
Sammy / Arc System Works - 2000
Cando xoguei por primeira vez a este xogo de peleas 2D xaponés no meu Dreamcast, a miña cabeza voou uns cantos anos atrás. Concretamente ós anos en que fundíamos cantidade de moedas en máquinas arcade como Art of Fighting ou Fatal Fury. É como si os de Arc System Works raptaran ós programadores do SAMURAI SHOWDOWN, para logo encadealos a unha placa NAOMI. Sexa como sexa aprenderon ben a receita que tiña SNK:
CALIDADE. GG-X é un xogo que técnicamente está un paso por diante en relación ós xogos de loita de Capcom e SNK do momento (solo Street Fighter III o supera). A calidade dos gráficos, animacións e efectos, fan deste xogo un auténtica espectáculo 2D que te manten engachado e aprendendo como un fanático novos movementos e tácticas para gañar.
ESIXENCIA. GG-X é un xogo difícil, e dominar a variedade de movementos, máxias, especiais, combos e combos aéreos de tódolos personaxes non é tarefa para frouxos. Aínda así, con tantas opcións dispoñibles, malo será que non atopes o teu estilo de loita nuns combates 1 contra 1, que se desenrrolan a velociade do raio.
CARISMA. E mira que é difícil de conseguir, pero GG-X ten carisma. Tanto polos seus gráficos ánime chungaleto-futuristas, a rotunda BSO con guitarras metálicas e a lista de loitadores que cumple gracias a unha acertada variedade de personaxes. E se non o crees busca na internet os mangas, bso's e novelas que este xogo xenera máis alá do simple merchandising.
Resumindo, GUILTY GEAR X é un xogo de peleas 2D, que por orixinalidade e calidade técnica, debemos de ter en conta dentro do catálogo do Dreamcast, cousa nada fácil tendo tamén para elexir e xogar, xogos como Street Fighter 3, KOF'99, Fatal Fury 4, Marvel VS Capcom, Capcom VS SNK 2, SF Alpha 3, etc.