VIDEOXOGOS CLÁSICOS DESDE O 2009
Opentrad:[ Español ] [ Portugués ] [ English ]





RELEASES XOGOS ARQUIVO


TEC TOY MEGADRIVE 3 EN BRAZIL
19/09/08 Ou o retorno de EA a unha consola SEGA.
07/10/08 Actualizado con pantallas do Fifa 2008.

Que no 2008 a Tec Toy reinvente o Megadrive, é canto menos sorprendente. Disfruten das imaxes xa que dificilmente poderemos ver este novo modelo en europa:




Se a noticia lles parece chocante, sigan lendo, xa que non se trata solo dun cambio de carcasa. O Megadrive 3 ven con 86 xogos en memoria, entre os cales 4 novos xogos coa licencia de Electronic Arts: The Sims 2, Sim City, Fifa'08 Soccer e Need for Speed Pro Street.








O SEGA*diy dalle as grazas ao S.A.C. da Tec Toy pola cesión das imaxes.
( . . . )







A INCRIBLE HISTORIA DA TEC TOY NO BRAZIL
A SEGA MASTER SYSTEM fala portugués. Moita información e imaxes proceden do web SEGA-BRASIL


A historia da compañia brasileira está ligada a unha das consolas máis carismáticas de SEGA, o sistema de 8bit MASTER SYSTEM.

Tec Toy fúndase en 1987 e pronto consigue a licencia para fabricar en exclusiva tódalas consolas e videoxogos lanzados por SEGA en occidente. Licencia que marcará o desenrolo e expansión dos videoxogos no país durante toda a década dos 90. Hai que ter en conta que Brazil foi sempre un mercado secundario ou directamente marxinado para as grandes compañias de videoxogos (por exemplo, Nintendo non tivo distribución oficial ata 1993). O lanzamento da Master System en 1989 foi un rotundo éxito, chegando a dominar Tectoy o 80% do mercado.

A estratexia de Tec Toy foi adaptar os lanzamentos ós gustos locais, nun primeiro momento modificando xogos exitosos para engadir personaxes coñecidos en Brazil. A lista completa é: Geraldinho (Teddy Boy), Turma da Mónica (Wonder Boy), Chapolin Colorado (Ghost House), Sapo Xule (Astro Warrior, Psycho Fox, Kung Fu Kid), As Aventuras da TV Colosso (Asterix) e Esportes Radicais / Jogos de verán (California Games). Outra fronte importante foi a frecuente traducción dos xogos ao portugués, destacando a traducción da serie de RPGs Phantasy Star, Golden Axe Warrior ou Golvellius, outras traduccións salientables foron Yu Yu Hakusho - Sunset Fighters (Megadrive) ou Riven (Saturn).

A importancia da Master System foi tal que mentras que en 1996 en Europa foi discontinuada, en Brazil Tectoy seguiu coa producción de software. Portando xogos como Virtua Fighter Animation, Sonic Blast, Sonic Drift 1 & 2, Mortal Kombat 3 ou Baku Baku Animal, estos xogos procedentes da Game Gear en Brazil aparecían tamén para Master System.

Tec Toy foi máis alá e desenrolou xogos como Sitio do Picapau, Castelo Ra Tin Bum, Pense Bem, 20 em 1 e sobre todo (o que seguramente foi un dos soños dos usuarios europeos da Master System), o lanzamento do xogo das recreativas de Capcom, Street Fighter 2. Realizando unha máis que meritoria conversión. Tamén se lanzou en Brazil o Battlemaniacs, versión do popular Battletoads para Master System que nunca chegou a sair en Europa. Xa nos 16Bits un desenrolo sorprendente foi a versión de Duke Nukem 3D para Megadrive.



En hardware Tec Toy tamén produciu modelos singulares de Master System, como Master System III Compaq (incluindo melloras no hardware procedentes da Game Gear, non confundir co modelo europeo), Master System Super Compaq (modelo compacto e inalámbrico) ou o recente Novo Master System III (con máis de 100 xogos en memoria).

Debido a súa rareza fora do Brazil, todos estos re-deseños da Tec Toy son moi buscados polos coleccionistas, especialmente o modelo rosa da Master System Compaq.



Hoxe en día Tec Toy perdeu ese lugar privilexiado no mercado de videoxogos, e o seu negocio céntrase na producción de Reproductores de DVD, Decodificadores de TDT e Karaokes. Mais a área de videoxogos sigue viva e nostálxica dos bos tempos, vendendo novos diseños de Master System e Megadrive con decenas de xogos grabados en memoria e incluso portátiles. Ou tamén nos seus Reproductores de DVD, nos que incluen mandos e os xogos SEGA de toda a vida.

Para rematar, resaltar que a finais do presente ano 2008, o governo do Brazil da permiso a Sony para iniciar a producción nacional de videoconsolas Playstation 2, polo que se espera que os prezos desta consola de 128Bits baixen e sexan por fin máis accesibles.



Información e Imaxes proceden de SEGA-BRASIL










Creative Commons License


Páxina aloxada en: